ReadyMade
O Ready-made é un termo acuñado por Marcel Duchamp para denominar o tipo de arte que el realizaba, en rebeldía, en contra da arte tradicional e conservador da súa época (1915), técnica que asumiron tamén dadaístas e surrealistas. Trátase dunha arte das ideas, unha arte que invoca o intelectual a partir de reconceptualizar con fins estéticos obxectos manufacturados pola industria ou a man do home. Ready-made podería traducirse como ‘xa feito’ ou ‘xa fabricado’, as pezas créanse a partir da unión e/o reconstrución de varios obxectos, obxectos cotiáns ‘atopados’ polo artista.
Roue de bicyclette (Marcel Duchamp. 1913)
ReadyMade - Exposición REDKREA
Paquete sobre unha mesiña (Christo. 1964)
Nupcial (Joan Brossa. 1984-1988)